«Batman, el regreso del caballero oscuro», no Lecturas Debuxadas de decembro

O próximo martes, día 13 de decembro, celebramos a sesión mensual do Club Lecturas Debuxadas, na que comentaremos «Batman, el regreso del caballero oscuro», de Frank Miller. Vémonos o martes ás oito da tarde na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Na sesión de novembro xuntámonos arredor de «Presas fáciles», a última obra de Miguelanxo Prado. Nun pequeno cambio de rexistro, Miguelanxo afástase da fantasía doutras obras e conta unha historia de asasinos e policías, un fondo de novela negra para falar do tema das Emisións Preferentes, e da indefensión da xente que acabou atrapada nelas. Aínda así, é un Miguelanxo outra vez preocupado polos personaxes principalmente, cun traballo gráfico de novo excelente, esta vez sen usar a cor, pero cun manexo impecable da gama de grises. Unha historia sinxela pero dura, da man dun autor que nunca defrauda.
Nesta ligazón pódense ver algunhas imaxes da sesión: https://goo.gl/photos/vdVdb5QizXQTzpLLA