Bechos verdes, na sesión semanal da Casa da Lectura

Esta semana, na sesión de dinamización lectora dos mércores na Casa da Lectura, acompañaranos unha manchea de bechos verdes. Leremos os contos Croco, Será unha ra? e A tartaruga que quería durmir e faremos un divertido obradoiro. A actividade comeza ás 18:00 horas e dende as 17:30 aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

O mércores 5 de abril a sesión estivo dedicada ao mundo do autor e ilustrador Oliver Jeffers. Contamos varios dos seus contos, entre eles, How to cach a star. Logo construímos as nosas propias estrelas-compañeiras e fixemos unha foto no foguete do neno protagonista dos seus libros. Quedamos tan contentas e contentos, que mesmo pensamos en fundar o club de fans de Oliver Jeffers da Casa da Lectura. As fotos dese día pódense ver aquí: https://goo.gl/photos/EX67vuryZPdnYWCeA