A Portada publicado por

Berta Dávila, autora convidada no Sete Vidas de abril

Berta Dávila, autora convidada no Sete Vidas de abril

O martes 1 de abril celébrase a xuntanza mensual do club de lectura de narrativa Sete Vidas. Para este mes, o libro proposto foi a última novela de Berta Dávila, O derradeiro libro de Emma Olsen (Galaxia, 2013), gañador do Premio de Narrativa Breve de Repsol 2013 e distinguido polo gremio de editores como mellor libro de ficción do ano na recente Noite da Edición.

Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. Mais Emma Olsen é escritora, e decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para revelarnos unha historia de segredos agochados moito tempo. E por iso regresa a Faith, a pequena cidade perdida do Medio Oeste norteamericano na que naceu, un lugar no que semella non acontecer nada interesante nunca, mais que garda, soterrado, un universo de mentiras e conflitos entre os seus poucos e singulares habitantes.

A actividade comeza ás 20:00 horas na Biblioteca de Gondomar e, a partir das 21:00 horas a autora Berta Dávila participará da tertulia cos lectores e lectoras que desexen participar.

O 4 de marzo celebramos 50 sesións do Sete Vidas coa lectura da novela O edificio Yacoubian, do escritor exipcio Alaa Al Aswany. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura