Bicos que non rascan na Casa da Lectura

Este mércores, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura, pediremos aos nenos e nenas que pechen ollos para tocar os bicos, cheirar as cores e oír a noite a través do xogo. Contaremos “Un libro” e “Cierra los ojos”, da Editorial Thule. Remataremos convidándoos a facer un marcapáxinas co seu nome en Braille.
A actividade, coma sempre, comeza ás 18:00 horas.
Deixámosvos as imaxes da actividade da semana pasada.

Casa da Lectura 2019-10-16