Bocexos e ras na Casa da Lectura

Este mércores, a sesión de dinamización da Casa da Lectura xirará arredor dos contos A princesa que bocexaba a todas horas e 999 hermanas ranas se mudan de charca. E coidado coas ras, que poden aparecer en calquera momento e tinguilo todo de verde! Coma todas as semanas, a sesión comeza ás seis da tarde, e media hora antes aténdese o servizo de préstamo.

Estas imaxes recollen varios instantes da sesión da semana pasada, dedicada ao autor Oliver Jeffers.