O sábado 27 de febrero o club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a súa sesión coa obra O álbum de Garrincha, da autora Beatriz Maceda Abeleira. Neste encontro investigaremos sobre diferentes lugares e elementos da natureza e da gastronomía do Brasil, e ademais coñeceremos a grandes xogadores e xogadoras de fútbol. Achegádevos a coñecer este fermoso país na Biblioteca Municipal de Gondomar o vindeiro día 27 ás 12:00 horas.

Na primeira sesión do ano do Lendo Contigo recibimos a visita de Antonio Manuel Fraga e disfrutamos con dúas das súas obras: O castañeiro de Abril (Premio Merlín 2013), na que o autor nos ensinou algunhas das localizacións reais da historia, e O grilo máxico, unha obra escrita para recadar fondos para a Asociación de Iniciativa Social Berce. Contamos tamén coa presenza de Pablo, un educador da Asociación Berce que nos falou de como xurdiu a obra e de cal é o obxectivo da asociación. Finalmente, entre todos os nenos e nenas reconstruímos unha historia que se lle desordenou na viaxe ao autor, e puidemos gozar escoitándoa na súa orde orixinal. Estas son as imaxes dese día.

Un comentario

Os comentarios están cerrados.