A Portada publicado por

Bruxas e princesas que non queren ser princesas, no Contomar

Bruxas e princesas que non queren ser princesas, no Contomar

Na sesión do Contomar do luns 9 de febreiro coñeceremos a Tanneke, a princesa das bruxas, e A princesa Sabela, que non quere ser princesa. O contacontos semanal de Espazo Lectura comeza ás 18:00h na Biblioteca de Gondomar.

Na sesión do luns pasado, acompañáronnos 40 nenos e nenas con moita gana de escoitar contos. Léronse cinco historias, Onde viven os monstros, A que saben os bicos, Marea negra, A araña e mais eu e O elefante comellón. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura