Caixas máxicas, para a nova sesión de Contos en Cueiros

Este venres, 13 de decembro, Contos en Cueiros celebra unha nova xuntanza. Será unha estimulante sesión arredor de caixas máxicas que agochan contos, personaxes, historias e outras sorpresas.

A actividade comeza ás 18:00 horas na Casa da Lectura e precisa inscrición previa.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores anterior á sesión a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2017 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición, o mércores anterior á sesión.