Caligrafía chinesa, literatura e ilustración, na Casa da Lectura

O 20 de marzo, a sesión de dinamización lectora dos mércores na Casa da Lectura estará dedicada á literatura e á escrita chinesas. A partir do conto O nacemento do dragón (Faktoría K) introducirémonos nos ideogramas chineses cun xogo que porá a proba as nosas memorias. A actividade, para nenos e nenas a partir de 3 anos, comeza ás 18:30 h e, unha hora antes, a Casa da Lectura estará aberta para consulta e préstamo de libros.

Algúns dos momentos vividos na sesión da semana pasada foron recollidos nesta galería de fotos.