Cancelación de todas as actividades de Espazo Lectura

Prezados socios e socias:

Informámosvos de que Espazo Lectura suspende todas as actividades ata novo aviso a partir de hoxe mesmo. Esta cancelación inclúe as asembleas do vindeiro sábado 14 de marzo na Casa da Lectura, así como todos os clubs que estaban programados para as próximas semanas. Seguiremos escrupulosamente as indicacións das autoridades sanitarias e volveremos á nosa actividade en canto sexa posible facelo en condicións de seguridade para todos e todas.

Saúdos

O equipo de Espazo Lectura