Cantamos as partes do corpo en Contos en Cueiros

O venres 22 de febreiro celebrarase, na Casa da Lectura, un novo encontro de Contos en Cueiros, actividade destinada a bebés de 0 a 3 anos.

Nesta ocasión, asistiremos a un concerto da Banda dos Cueiros durante o cal cantaremos e bailaremos as partes do corpo a través de cancións da literatura oral infantil. Faremos dous pases, un ás 17:30 e outro ás 18:30 horas.

Inscrición
Dado o espazo de que dispoñemos na Casa da Lectura, para participar será necesario inscribirse, a través do correo electrónico espazolectura@espazolectura.org, e indicar a cal dos dous pases se prefire ir. A entrada, polo tanto, será gratuíta mais o aforo é limitado, polo que en último caso se asignará quenda por rigorosa orde de inscrición.

contos_en_cueiros_04