A Portada publicado por

Carlos Negro, este sábado no Comando Le

Carlos Negro, este sábado no Comando Le

Este próximo sábado 30 de marzo a sesión do Comando Le estará dedicada á poesía. Na primeira parte contaremos coa presenza de Carlos Negro, que falará cos comandoleiros e comandoleiras sobre a súa obra «Aplicación instantánea». Na segunda parte, haberá un obradoiro para que os rapaces e rapazas escriban as súas propias composicións poéticas. A sesión desenvolverase na Casa da Lectura no seu horario habitual, de 20:00h a 00:00h, cunha pausa para cear.

Deseguido pódense ver as fotos da sesión de febreiro, na que contamos coa presenza da actriz Eva Vila, quen realizou un obradoiro de teatro arredor da obra «Sumergirse en el agua», de Helena Tornero:

Comando Le 16.02.2019

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com