Cé Orquestra Pantasma inaugura nova tempada na Casa da Lectura

Espazo Lectura comeza a tempada 2013-2014 con Cé Orquestra Pantasma na Casa da Lectura.

O mércores 2 de outubro, ás 18:00h, na Casa da Lectura terá lugar unha sesión de dinamización lectora moi divertida a cargo de Cé Orquestra Pantasma.

O marabilloso home orquestra Cé Orquestra Pantasma adentrarase no apaixonante mundo da literatura oral ofrecéndonos un divertido repertorio composto por melodías, xogos musicais e cantigas de diferente tipo: acumulativas, xestuais, de imitación, creativas, danzadas… para que os nenos e nenas que se acheguen á Casa da Lectura participen da tradición oral xogando, cantando e bailando.

Este ano, o horario das sesións de dinamización da Casa da Lectura adiántase media hora, de xeito que comezarán ás 18:00h.