A Portada publicado por

Celebramos a diversidade na Casa da Lectura

Celebramos a diversidade na Casa da Lectura

Este mércores 17 de xaneiro, a sesión dos mércores na Casa da Lectura estará dedicada a celebrar a diversidade. Contaremos contos como o clásico «Elmer», «Grisela» ou «No quiero tener el cabello rizado». A sesión comeza ás 18:00 horas e dende as 17:30 aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Tras o descanso de Nadal, o 10 de xaneiro retomamos as sesións dos mércores na Casa da Lectura, na cal Beti nos contou dous contos que non se escoitaran aínda na Nogueira de Donas: «Rainbow Warrior» e « ra de tres ollos». No primeiro, nunha viaxe polos océanos do mundo, unha mamá balea conta ao seu fillo a historia do famoso barco de Greenpeace que o servizo de intelixencia do goberno francés afundiu no porto de Auckland no ano 1985. No segundo, a ra dos tres ollos decide pedir axuda para amorear nun mesmo lugar todas as cousas que tiramos as persoas en calquera parte… coma se fósemos as donas do mundo! Despois dos contos, Beti guiounos na confección dunhas ras “croadoras” feitas con tapas de botes de vidro para que todos e todas escoitásemos os seus berros de auxilio ante a progresiva degradación do planeta.

Ao comezo da sesión, lembramos a importancia do silencio, de prestar a atención e de escoitar cando unha persoa nos fala e, por suposto, cando alguén nos está a contar un conto. Para reforzar as nosas palabras, repartimos o magnífico artigo escrito por Paula Carballeira que xa recomendamos na nosa web. Estas son as fotos dese día.

Casa da Lectura, 2018/01/10

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura