Celebramos o Samaín na Casa da Lectura

O mércores 31 de outubro celebramos o Samaín na Casa da Lectura cos contos  “Un, dous, tres, vampiro ti es”, “O magosto dos medos” e “Como mola a túa vasoira”. Logo faremos un terrorífico obradoiro con arañas e cabazas.

A sesión de dinamización lectora comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Estas son as imaxes da actividade da semana pasada:

Casa da Lectura, 2018/10/24