“Chíos” de Teatro da Semente, en Contos en Cueiros

Contos en Cueiros celebrou este domingo, 27 de abril, a sesión especial da Semana do Libro e a Lectura 2014, coa compañía Teatro de Semente e a súa obra de posía sensorial para bebés CHÍOS. CHÍOS é poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos.Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións.Chíos son asubíos dos paxaros espertando á mañá, entoando un doces soños á noitiña.Chíos son dúas nenas que espertan para xogar- con animais e cousas e sons e fantasía- e cantan para durmir como quen conta ovelliñas.CHÍOS son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuales, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo descubrimos o mundo a través dos sentidos, transformamos obxectos, disfrutamos coa música e as palabras e exaltamos a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecidanestes tempos de xogos de interior e máquinas xordas.

Estas son algunhas das fotografías tomadas na sesión.