Recomendamos publicado por

Cincuentenario de Victoriano Taibo

Cincuentenario de Victoriano Taibo

O venres, 18 de marzo, ás 20:30 horas, terá lugar na sede do IEM un acto en homenaxe ao cincuentenario de Victoriano Taibo organizado polo Instituto de Estudos Miñoratos. Deseguido reproducimos a toda información:

Hai cincuenta anos, o día 13 de marzo de 1966, falecía en Vigo Victoriano Taibo, poeta da Fala, que tanto agarimo, dedicación, entusiasmo e ben facer lles dedicou á nosa lingua e á nosa literatura. O Instituto de Estudos Miñoráns convídavos ao acto conmemorativo desta efeméride, que aproveitaremos, ademais, para dar noticia do proxecto de publicación dunha nova obra que o mestre de Morgadáns deixou inédita: Contos Pequenos. Trátase dun opúsculo que lle regalou a Hixinio, fillo dos seus amigos Antón Beiras e Antía Cal, cun motivo entrañable. A familia do oftalmólogo e a pedagoga decidira ter como lingua doméstica o galego, pero atopábanse con que non había material para que os nenos aprendesen adecuadamente. E Taibo, amigo, mestre e escritor, quixo pór á súa disposición un anaco dese material en forma de contos populares sublimados pola súa pluma, coidadosamente manuscritos e encadernados, con debuxos dun seu amigo chamado Rial. Participarán no acto Xesús Alonso Montero, Gonzalo Navaza, Camiño Noia e Armando Requeixo. Gustaríanos contar coa vosa asistencia a este acto que pretende ser, tamén, reivindicativo da concesión dun Día das Letras Galegas a un ilustre académico, lingüista, narrador e poeta, o único da tétrade das Irmandades da Fala (Cabanillas, Noriega Varela, López Abente e Taibo) que non obtivo tal distinción. No mesmo acto será convocado o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, rescatado da súa máis que posible extinción polo concello de Gondomar, que asume integramente a dotación do premio e os demais gastos de xestión.

Rogamos, tamén, que lle deades a máxima divulgación posible por ser un acto importante para a reivindicación do escritor Taibo, para a consolidación do premio de poesía que leva o seu nome e para a publicación do seu libro de contos.

Día: 18, venres

Hora: 20:30

Lugar: sede do IEM, aula Ponte de Rosas, en avda da Feira, 10, baixo de Gondomar.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com