Club de Formación Lectora

00_Formacion_lectora_Cabeceira

Club de lectura no que se len libros que tratan o tema da lectura
Data: sen data fixa
Lugar: Casa da Lectura
Hora: 20 horas
Idades: adultos
Coordinador: Fran Alonso

O Club de Formación Lectora é unha singular iniciativa da asociación Espazo Lectura. Denominamos así un club de lectura no que os libros obxecto de debate teñen como tema a lectura, a animación lectora ou calquera outro asunto directamente relacionado co libro e o seu ámbito (estratexias de fomento da lectura, librerías, bibliotecas, edición, talleres de lectura, etc). Esta iniciativa foi pensada para garantir a formación continua e a reciclaxe daquelas persoas vencelladas coa asociación ou que traballan ou colaboran con ela e para manter un debate continuo e tensionado sobre a lectura e as estratexias e tendencias da súa dinamización.

O libro inaugural deste Club de lectura, elixido para a primeira sesión foi Como unha novela, de Daniel Pennac un dos máis fermosos e desmitificadores que se escribiron sobre a lectura. Nese club de lectura abordáronse libros, por exemplo, como La magia de leer, de José Antonio Marina; El rumor de la lectura, do Equipo Peonza; Los demasiados libros, de Gabriel Zaid; Tras las líneas, de Daniel Cassany; Atravesar o espello, de Xavier Seoane; Metamorfosis de la lectura, de Román Gubern, ou 10 ideas clave de animación a la lectura, de Juan Mata.

As sesións non teñen periodicidade fixa e a convocatoria realízase por correo electrónico.