A Portada publicado por

Club Lecturas Debuxadas este mércores 18

Club Lecturas Debuxadas este mércores 18

Grandarroiba , de Cristian F. Caruncho, é a lectura proposta para o mes de novembro, na que se conta a historia real de Moncho, a súa vida solitaria de cabreiro e como a sociedade moldea o seu carácter, que conforma unha interesante historia sobre o rural galego.

A sesión será por videoconferencia, o mércores 18 de novembro, a partir das 20:00h, e contaremos coa asistencia do autor.

Para esta tempada, o Club Lecturas Debuxadas mudou o seu día de reunión, que pasa a ser o terceiro mércores de cada mes. Así pois, o día 21 de outubro xuntámonos para falar sobre Subnormal, un cómic sobre o acoso escolar, guionizado por Fernando Llor e debuxado por Miguel porto.

Aínda co aforo limitado a dez persoas, a charla foi intensa e non decaeu en ningún momento, impulsada polo potente tema e pola dureza das situacións que conta a obra.

O que se pode considerar un momento durísimo na vida de Iñaki Zubizarreta, contada por el mesmo aos autores, reflíctese nun cómic no que as escenas duras, as situacións de angustia e violencia levan a carga emotiva principal . Queda un espazo final no que nos conta como o protagonista logra, con moito traballo persoal, saír desa angustia e vencer (ou controlar) as secuelas do maltrato.

O debuxo de Miguel Porto, nesta ocasión máis realista, máis efectivo que preciosista, pon o punto xusto para que nos quedemos co áspero e duro do relato.

Na segunda hora acompañáronnos os autores, que nos falaron do difícil e emotivo das reunións con Iñaki, como se realizou a obra, da película sobre o cómic e algún outro proxecto que xa están pondo en marcha xuntos.

Club Lecturas Debuxadas 21/10/2020

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com