A Portada publicado por

Club Lecturas Debuxadas o próximo martes 18 de febreiro

Club Lecturas Debuxadas o próximo martes 18 de febreiro

O cómic proposto para o Club Lecturas Debuxadas do próximo martes 18 de febreiro é “La casa de la playa”, de Séverine Vidal e Víctor L. Pinel, da editorial Nuevo Nueve. A historia transcorre na casa familiar de verán a través dun enigma que nos transporta a distintos anos da historia de vida da casa e os seus inquilinos.

Será na xamonería Catro Camiños a partir das 20:00h.

O martes 21 de xaneiro o club Lecturas Debuxadas xuntouse na libraría Libraida, onde falamos de “O salón de té do oso malaio”, un cómic de David Rubín que se publica agora en galego. Nel reúnense historias debuxadas por Rubín entre os anos 2005 e 2006, e podemos ver por tanto obra dos inicios da carreira dun autor que hoxe traballa de xeito habitual no mercado internacional e que acadou gran fama.

O trazo solto e rápido, o debuxo e os encadres dinámicos e expresivos tan característicos da obra de David están xa presentes nestas historias, e comentamos precisamente o recoñecible do seu estilo. Son ademais uns relatos, aínda que curtos, moi intensos, cheos de dramatismo e por veces escuros e desesperanzados. Están tamén presentes os superheroes, un dos fetiches creativos de Rubín, dos que é grande afeccionado.

Inevitablemente, rematamos falando de máis cómics do mesmo autor, posto que ten unha obra moi importante, e ben extensa.

As fotos dese día poden verse nesta presentación:

Club Lecturas Debuxadas 21/01/2020

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com