Club de Lecturas Debuxadas publicado por

Clubs de lectura: Lecturas Debuxadas

Clubs de lectura: Lecturas Debuxadas

O día 20 de outubro reanudáronse as sesións do Club Lecturas Debuxadas coa participación especial de Kiko da Silva. O debuxante pontevedrés falounos da historia da banda deseñada en Galicia dende a súa propia experiencia. Comezou falándonos dos comezos do cómic en Galicia da man do fanzine Frente Comixario, todo un referente para a época. Dos colaboradores deste fanzine saíron algúns dos creadores de BDBanda, xunto co propio Kiko. Contounos tamén que decidiu introducirse no mundo do cómic a partir de gañar o Premio Ourense no ano 1996. Dende ese momento, creou e participou en moitos proxectos de referencia: Golfiño (onde foi publicando as aventuras de Fiz), BD Banda, Mister K, Dos veces breve, El Jueves


Despois analizou o mundo da banda deseñada dende diversas perspectivas: dende a súa experiencia como editor, ilustrador, empresario, creador… Nesta última faceta mostrounos un par de traballos feitos en madeira e un fragamento da obra na que está a traballar:
Baixo as sombras das pedras flotantes, unha novela gráfica (baseada na obra de Manuel Lourenzo González O xardín das pedras flotantes) que será editada por Xerais.

Nesta sesión tamén inauguramos a exposición As bases da banda, que estará na Biblioteca Municipal de Gondomar ata o día 14 de novembro.


A próxima cita co Lecturas Debuxadas será o martes 17 de novembro ás 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar e estará dedicada á lectura de As serpes cegas, o recente Premio Nacional de Cómic, unha obra de Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí editada por BD Banda.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com