Coa XII Fogueira dos Versos, na noite de San Xoán, Espazo Lectura despedirá a tempada 2018-2019

A noite do domingo, 23 de xuño, a asociación Espazo Lectura celebra o San Xoán coa XII Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración popular desta data (con comida, bebida e cacharela), co recitado de poemas a carón do lume e cun concerto sorpresa para toda a familia a cargo, nesta ocasión, dos propixs voluntarixs de Espazo Lectura.

A Fogueira dos Versos celebrarase na Casa da Lectura (Donas) a partir das 21:00 horas. Podedes traer algo de comida e bebida para compartir. En caso de chuvia anunciarase a cancelación da actividade.

Coa Fogueira dos Versos, Espazo Lectura pecha outra tempada centrada no fomento do libro e a lectura en Gondomar. Durante este período, grazas ao traballo voluntario e desinteresado dos membros da asociación, conseguiu ofrecer de maneira aberta e gratuíta más de 100 actividades dirixidas a persoas de todas as idades.