A Portada publicado por

Comeza a nova tempada do Comando Le

Comeza a nova tempada do Comando Le
Este próximo sábado 24 de outubro, de 20:00h a 22:30h, os mozos e mozas do Comando Le teñen a primeira cita da tempada na Casa da Lectura (Nogueira, 8 – Donas). Será unha sesión de benvida aos novos integrantes do grupo, que servirá para ver as fotos da tempada pasada, para coñecérense entre eles, para falar das ideas que temos para esta tempada, para escoitar e recoller as súas propostas e, por suposto, para cearmos todos xuntos co que traian os asistentes para compartir.
O Comando Le é un grupo de activismo cultural dirixido a rapaces de rapazas de máis de 12 anos. Na súa programación inclúense sesións de club de lectura, encontros con escritores, obradoiros, charlas e debates, comentario de vídeos e películas, saídas e todas aquelas actividades que nos permitan achegarnos dun xeito crítico a diferentes temas desde linguaxes e expresións artísticas variadas. 
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura