A Portada publicado por

Comeza o novo ano nos mércores da Casa da Lectura

Comeza o novo ano nos mércores da Casa da Lectura

Este mércores 9 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, volven as sesións semanais de dinamización lectora á Casa da Lectura. Nesta ocasión, abordaremos a realidade das diferenzas persoais co álbum ilustrado «Cándido e os demais», publicado por Kalandraka, e soñaremos con cando sexamos lectoras e lectores expertor co conto «Cando eu saiba ler» de Yolanda Castaño.
A continuación, deixamos unha mostra fotográfica da última sesión do ano 2018. Foi unha sesión de luxo, na que contamos coa actriz, escritora e contadora Paula Carballeira.

Casa da Lectura 2018-12-19

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com