Comeza a tempada co Sete Vidas

O xoves 1 de outubro comeza a nova tempada do club de narrativa para adultos Sete Vidas, e faino retomando as reunións presenciais. Será ás 20:00 na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) coa obra Déixate de ódegas de Xosé Manuel Vega (Aira Editorial).
O xornalista retrata a vida nunha aldea dos Ancares nos anos 60 a través dos recordos da súa infancia. Falaremos con el por videoconferencia.