Comezamos unha nova tempada

No mes de outubro Espazo Lectura comeza unha nova tempada de actividades de fomento do libro e a lectura que agardamos que, malia os cambios que experimentarán algunhas actividades, sexa tan intensa, emocionante e motivadora coma as anteriores.
Na imaxe ofrecemos o calendario completo de actividades do mes de outubro, agás a de Contos en Cueiros, que se celebrará o último venres de mes e será anunciada coma sempre o luns anterior.
Os principais cambios son que a actividade do Contomar segue suspendida e que as sesións dos diferentes clubs de lectura se trasladan da Biblioteca Municipal á Casa da Lectura (Nogueira, 8 -Donas). 

Primeiras citas

– O día 4 de outubro ás 18:00 horas ináugurase a nova tempada dos mércores na Casa da Lectura cunha sesión especial a cargo da actriz e contadora Bea Campos co seu espectáculo “Contos nas orellas”.
– O día 5 de outubro celébrase Casa da Lectura a primeira xuntanza do club de lectura Sete Vidas de narrativa.
Agardamos que a programación sexa do voso interese e desexámosvos unha tempada chea de boas lecturas.