Casa da Lectura publicado por

Comezan as actividades na Casa da Lectura

Comezan as actividades na Casa da Lectura


O mércores 30 de setembro ás 18.30 h comezan as actividades na Casa da Lectura cun obradoiro de ilustración a cargo de Beatriz Núñez. O obradoiro, dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos, farase a partir dos contos Pancho e A viaxe de Pancho, de Antonio Santos, publicados por Kalandraka Editora.

A partir dese día, a Casa da Lectura estará aberta todos os mércores de 17.30 a 19.30, cunha actividade de dinamización ás 18.30 horas (contacontos, obradoiros de ilustración, recitais, merendas con contos…).

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura