Club de Lecturas Debuxadas publicado por

Cómic francés actual no Lecturas Debuxadas

Cómic francés actual no Lecturas Debuxadas

O martes 20 de marzo, a sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas estará dedicada á novela gráfica Polina (Diábolo Ediciones) do autor francés Bastien Vivès.
A cita é na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20:00 horas.

O cómic
Polina é unha historia sobre o ballet e a súa aprendizaxe, pero é moito máis, é unha historia sobre o crecemento persoal, sobre a lealdade, sobre a amizade, sobre o recordo, sobre as relacións cos nosos mestres, sobre a posibilidade de emendar os erros cometidos, sobre a nostalxia… Polina é a emoción contida e a emoción desbordada nas páxinas dun cómic. E é desas obras que confirman que a novena arte é a arte do século XXI.

O autor
Bastien Vivès é un dos autores máis prometedores do actual cómic europeo. Nace en París en 1984. Estuda debuxo nun liceo técnico e pasa tres anos na ESAG Penninghen de París, unha escola de deseño e artes gráficas. Con 22 anos e estando aínda en Penninghen, publica dous álbums de ilustracións con Danger Public. Uns anos máis tarde, decide enviar mostras do seu traballo Elle[s] a todas as editoriais que coñece. Casterman responde e dálle carta branca na liña Kstr; é o comezo da súa relación coa editorial. Máis tarde, na mesma editorial, publica El gusto del cloro (editado en castelán por Diábolo Ediciones), obra que chama a atención e recibe o premio “Essentiel Révélation” do festival de Agoulême. Diábolo Ediciones tamén publicou outras das súas obras, como En mis ojos, onde conta a historia dun encontro entre un mozo e unha moza, esta vez nunha biblioteca, que o lector ve a través dos ollos do narrador, e Amistad estrecha, onde narra a historia dunha amizade, tamén entre un mozo e unha moza, que evoluciona e transfórmase.

A continuación, pódense ver varias imaxes da sesión do mes pasado, cando estivo con nós Dani Montero, autor do cómic Sen mirar atrás.

Facebook Twitter Digg Email

You must be logged in to post a comment.

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com