Concerto da Banda dos Cueiros no Centro Cultural de Vincios

O Centro Cultural de Vincios celebra hoxe, 28 de xuño, o Día dos Nenos, unha festa infantil con inchables e obradoiros desde as 16:00 horas. Dentro da programación, inclúese un concerto da Banda dos Cueiros, nacida ao abeiro da actividade Contos en Cueiros de Espazo Lectura. O concerto comeza ás 19:00 h e a entrada é de balde.