Concerto da Banda dos Cueiros no próximo encontro de Contos en Cueiros

O venres 4 de abril haberá un novo encontro de Contos en Cueiros na Biblioteca Municipal de Gondomar. Nesta ocasión, recibimos á Banda dos Cueiros que ten preparado un concerto para os pequenos e pequenas que nos acompañen.

– O novo encontro terá lugar o venres 4 de abril na Biblioteca Municipal de Gondomar.

– HABERÁ 1 único PASE ás 18:00 h

– Os socios e socias de Espazo Lectura terán prioridade na orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a espazolectura@gmail.com (ou responder este) e facilitar:

  • o nome do bebé
  • a idade (só para nenos/as de 0 a 3 anos)
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto
  • en caso de ser socios/as, cómpre facilitar o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: xoves 4 de abril ás 12:00 h do mediodía.

O anterior encontro estivo dedicado ao mundo de Elmer. Estas son algunhas imaxes dese día.