Concha Costas participa nas xornadas Xogando coa lingua do IES de Chapela para presentar as activdades para público infantil de Espazo Lectura

Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, participará este martes 10 de decembro nas xornadas “Xogando coa lingua” organizadas polo IES de Chapela e destinadas ao alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil. A finalidade das xornadas, segundo os organizadores, é achegar ao alumnado experiencias de animación á lectura, decatarse da importancia do achegamento á literatura desde a primeira infancia e coñecer xogos baseados na linguaxe para os bebés.

Os participantes son Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, que falará sobre “Como achegar a literatura ás crianzas”; Anxo Moure, contacontos, cuxa intervención levará por título “E se contamos contos?”, e Luís Prego, músico, que presentará “Xogos e cantos en cueiros”.