A Portada publicado por

Concurso de relatos curtos do Proxecto “European teens as readers and creators in gender-positive narratives”

Concurso de relatos curtos do Proxecto “European teens as readers and creators in gender-positive narratives”

Uxía Lameiro Fernández e Martín Rey Álvarez, membros do Comando Le, resultaron gañadores do Concurso de relatos curtos do Proxecto European teens as readers and creators in gender-positive narratives, promovido pola Universidade de Vigo, co relato “A través dunha pantalla”. Este certame forma parte dun dos proxectos seleccionados na convocatoria Creative Europe 2020 e nel participan seis socios europeos. O relato gañador foi publicado pola Universidade de Vigo nunha edición trilingüe (galego, castelán e inglés).

O proxecto ten como obxectivos elaborar unha bibliografía europea de libros para adolescentes que traten o tema da igualdade de xénero, a diversidade afectivo sexual e a identidade sexual e organizar encontros con grupos de mozos e mozas para desenvolver actividades de concienciación sobre a igualdade. Entre elas convocouse este concurso de relato curto no que participaron os membros do Comando Le, o grupo de activismo cultural para rapazas e rapaces de máis de doce anos da Asociación Espazo Lectura. Nunha segunda fase, os relatos gañadores traduciranse ás linguas de todos os países que forman parte do proxecto e adaptaranse en diferentes formatos artísticos, visuais e multimedia.

Moitos parabéns, Uxía e Martín!!!

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com