Contacontos virtual para nenos e nenas de 3 anos en diante

Nova sesión de contacontos para nenos e nenas de 3 anos en diante.
Nesta ocasión son as rapazas do noso grupo de activismo cultural Comando Le as que nos traen unha nova sesión de contacontos virtual. Cristina cóntanos Croco da editorial OQO, Ana escolle Linda á espreita da editorial Xerais e Claudia deléitanos con Adiviña canto te quero da editorial Kókinos.

Agardamos que vos guste!

Contacontos Virtual