Contamos e cantamos con María Victoria Moreno, na Casa da Lectura

Este mércores 9 de maio, a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura vai estar dedicada a María Victoria Moreno, a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018. A partir da súa obra «Eu conto, ti cantas», xogaremos coas palabras e as formas para construír orixinais selos. Coma sempre, a actividade comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada tivemos a sorte de contar coa visita dun cun equipo de profes do CEIP Souto-Donas, que contaron o conto «Sobre un raio de luz», inspirado nas aventuras e desventuras de Albert Einstein, «Zoom» e «Paco», o rato que quixo ir á lúa para probar científicamente cal era o seu sabor. Estas son as fotos dese día:

Casa da Lectura, 2018/05/02