A Portada publicado por

Continúan as sesións do Contomar

Continúan as sesións do Contomar
Este luns 13 de febreiro, a partir das 18:00 horas, continúan as sesións do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar. A actividade, levada a cabo por un grupo de nais e pais voluntarios de Espazo Lectura, está aberta a todas as familias con nenos e nenas a partir de 3 anos que queiran participar.
No Contomar da semana pasada estiveron con nós máis de vinte nenos e nenas escoitando novos contos. Cristina leunos “O carameliño sen sabor e sen cor”,  Martín, un contador moi especial, viu cun conto moi doce: “Gústame o chocolate”; Luís leunos “Maxia”, acompañado dun pequeno axudante, e Patricia contounos “Andrés cabeza abaixo”.  Aquí pódense ver as imaxes dese día: https://goo.gl/photos/sr5aAT9A98Gu2X8fA
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura