A Portada publicado por

Continúan as visitas dos centros de ensino ao Contomar. Este luns é a quenda o CEIP Chano Piñeiro

Continúan as visitas dos centros de ensino ao Contomar. Este luns é a quenda o CEIP Chano Piñeiro

O luns 9 de maio, un equipo de profesaro de Infantil do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar, socio protector de Espazo Lectura, visitará o Contomar para facer unha sesión de contos. Entre as historias que traerán están “A cebra Camila”, “Chímpate Pepa!” ou “Los calzoncillos del oso blanco”. A cita é as 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

A semana pasada acompañounos un equipo de profes do CEIP Souto Donas formado polo Mago Nano e as súas axudantes Bea, Eva e Rosa, que nos trouxeron os contos de “Mago Goma”, “Cores”, “Ollo oso” e “As cores do Arco da vella”. Viñeron ademais cunha chea de estupendos trucos de maxia baixo o brazo, que desfrutaron tanto os 24 nenos e nenas que asistiron a sesión, coma os seus pais e nais. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura