O luns 12 de maio o Contomar ofrece máis contos na Biblioteca de Gondomar para nenos e nenas a partir de 3 anos: Mateo, O souto escuro e perigoso, Loboferoz e A terra acatarrouse son os títulos escollidos para a sesión dese día, que coma sempre comeza ás 18:00h.

A semana pasada acompañáronnos no Contomar mestras do CEIP Souto-Donas, socios protectores de Espazo Lectura, entre as que se atopaba a nosa querida compañeira Bea Pereiro. Grazas a todas!