Este luns, ás 18:00 horas,  a Biblioteca Municipal de Gondomar acolle a cita semanal co Contomar.

A semana pasada visitounos un grupo de mestras do colexio Humberto Juanes de Nigrán para ofrecernos unha sesión moi especial que puideron desfrutar, e saborear, os cerca de 40 nenos e nenas que se achegaron á biblioteca. Agradecemos enormemente a xenerosidade deste grupo de mestras que nos cociñaron unha sopa de contos ben rica. Estas son as imaxes da sesión: https://goo.gl/photos/dF6vPzXtwAN2Czda8