Contomar, este luns 02 de maio

O próximo luns 2 de maio, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.

Na sesión anterior contamos coa actuación Filipa cos contos de Fran Campos da compañía de teatro e clown Bandullo azul.

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes dese día:
Contomar 25.04.22