Contomar este luns 17 de xaneiro

O próximo luns 17 de xaneiro, ás 18:00 horas, primeira sesión do ano do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos.

Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.

Na sesión anterior contamos coa actuación da Banda dos Cueiros, banda de música infantil que naceu das actividades de Espazo Lectura.

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes dese día:
Contomar 20.12.21