Contomar este luns 21 de marzo

O próximo luns 21 de marzo, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.

Na sesión anterior contamos:

A guerra dos números (OQO)
Un can e un gato (OQO)
A partes iguais (OQO)
Miñoca e coello (Xerais)

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes dese día:
Contomar 14.03.22