Contomar, este luns 28 de marzo

O próximo luns 28 de marzo, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.

Na sesión anterior contamos:
Elefante comellón (Kalandraka).
Frederick (Kalandraka).
Paxaros (Kalandraka).
Cinco motivos para ler poesía de Fran Alonso

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes dese día:
Contomar 21.03.22