Contomar, este luns 8 ás 18h

O próximo luns 8 de novembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala.

Criterios de inscrición

Contamos cunha capacidade limitada a 25 nenas e nenos acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura e dos contadores/as, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 18:00 horas do sábado anterior á sesión a contomarcontacontos@gmail.com e facilitar:

os nomes dos nenos e nenas.
o ano de nacemento: nenos/as de 3 a 9 anos.
o nome da persoa adulta que o vai acompañar.
un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera).
en caso de ser socios/as, o nome do socio/a.
– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza.

Na sesión anterior contamos:
A árbore das follas DIN A4 da editorial Kalandraka.
Árbores no camiño de OQO editora.
A árbore da escola da editorial Kalandraka.
A árbore xenerosa da editorial Kalandraka.

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes da mesma:

Contomar 25.10.21