A Portada publicado por

Contomar este luns ás 18h

Contomar este luns ás 18h

O próximo luns 18 de outubro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Nesta ocasión, o contacontos xirará arredor do mundo animal. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala.

Criterios de inscrición

Contamos cunha capacidade limitada a 25 nenas e nenos acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura e dos contadores/as, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 20:00 horas do sábado anterior á sesión a contomarcontacontos@gmail.com e facilitar:
* os nomes dos nenos e nenas.
* o ano de nacemento: nenos/as de 3 a 9 anos.
* o nome da persoa adulta que o vai acompañar.
* un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera).
* en caso de ser socios/as, o nome do socio/a.

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza.

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes da sesión anterior:

Contomar 04.10.21

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com