A Portada publicado por

Contos con bos desexos para comezar o ano na Casa da Lectura

Contos con bos desexos para comezar o ano na Casa da Lectura
Este mércores 11 de xaneiro imos arrancar o ano na Casa da Lectura con bos desexos, deses que garda o noso corazón para intercambialos cos demais a modo de agasallo diferente. Contaremos os contos «Así es mi corazón», «O pozo dos desexos» de «Contos de ratiños», e «Un agasallo diferente». No obradoiro posterior á lectura de contos elaboraremos un paquetiño de regalo para meter o noso desexo-agasallo. A sesión comeza ás 18:00 horas e dende media hora antes anténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
Na última sesión anterior ao Nadal despedimos o ano 2016 na compaña da bailarina Mercedes Prieto que nos presentou o seu libro «Zampadanzas do mundo», unha viaxe musical arredor do mundo e das súas danzas. Mercedes convidounos a subir á canoa e remar seguindo o ritmo, a través do día e a noite, ata chegar á terra prometida. Foi máxico!, como se pode apreciar nas fotografías:  https://goo.gl/photos/HjuTmeuPXJewnUgG8
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura