Contos de gatos na Casa da Lectura

O mércores 30 de outubro, a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura xirará arredor dos gatos. Leremos dous contos: Gato Guille e os monstros e A gatiña Rosalinda, e logo faremos un obradoiro de papiroflexia moi felino!

A actividade comeza ás 6:00 da tarde e media hora antes a Casa da Lectura xa estará aberta para préstamo e devolución de libros.

Estas son as imaxes da sesión da semana pasada, cos bicos e os afectos como protagonistas.