Contos de lobos na Casa da Lectura

Este mércores 7 de novembro, a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura estará dedicada a contos de lobos. Leremos contos como «Loboferoz», «El lobo no vendrá» ou «Lobo» e construiremos o noso propio lobo. A actividade, aberta ás familias que queiran participar, comeza ás 18:00 horas e dende as 17:30 aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada contamos contos do Samaín. Estas son as imaxes.

Casa da Lectura 2018/10/31