A Portada publicado por

«Contos de ratiños» para a sesión de dinamización lectora da Semana do Libro e a Lectura na Casa da Lectura

«Contos de ratiños» para a sesión de dinamización lectora da Semana do Libro e a Lectura na Casa da Lectura

Este mércores, 27 de abril, a Casa da Lectura vaise encher de ratiños que Félix nos axudará a ir metendo nun libro de elaboración propia que encerrará outras sorpresas. A Casa da Lectura, como sempre, abrirá ás 17:30 horas para realizar o préstamo de libros e a sesión comezará ás 18:00 horas. Esta actividade forma parte da programación da IX Semana do Libro e a Lectura que Espazo Lectura organiza dende o día 23 ao 30 de abril.

Na sesión da semana pasada lemos contos sobre crocodilos e aprendemos unha chea de cousas sobre estes animais. Logo, os arredor de 25 nenos e nenas que se achegaron á Casa da Lectura, construíron un puzzle-crocodilo que montamos entre todos. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura