Contomar publicado por

Contos e cancións no Contomar

Contos e cancións no Contomar

Este luns 8 de marzo, na sesión semanal do Contomar, leremos, entre outros, os contos O home de auga e Os de arriba e os de abaixo (editados por Kaladranka) e presentaremos o libro-disco de Magín Blanco, recentemente editado pola editorial OQO, A nena e o grilo.
A sesión de contacontos comezará na biblioteca de Gondomar a partir das 18.00 horas.
Nestas imaxes, pódense ver varios momentos do Contomar da semana pasada, onde contamos coa colaboración especial de Manuel, mestre do CEP Neira Vilas da parroquia gondomareña de Peitieiros.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com