A Portada publicado por

Contos e cumprecontos no Contomar

Contos e cumprecontos no Contomar

Este lun 5 de decembro, o Contomar segue a súa andaina cunha nova sesión chea de contos. A actividade comeza ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Na sesión da semana pasada estiveron non nós 22 nenos e nenas. Para eles, Laura, que se estreou como contadora, escolleu a historia de “Papá non sabe”; Patricia leu “Bebé Bigotes” e sentou ao seu carón á súa filla Telma, que levou como recordo do seu cumprecontos un marcapáxinas. Despois foi a quenda de Xiana, que contou “Onde viven os monstros” e, para finalizar, Carmen leunos “O polo valente”. Para a semana que vén estaremos outra vez na biblioteca, agardamos por vós!

 

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura